Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia suma ingresados en planta e nas UCI, pero de forma leve

Galicia suma ingresados en planta e nas UCI, pero de forma leve

O Sergas notificou dous decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas

Os casos activos continúan subindo, rozando os 15.000

G24.gal 22/04/2022 10:22

Galicia suma persoas ingresadas por coronavirus, de forma leve, en planta (+2) e nas UCI (+1). En total, hai 623 e 16 persoas hospitalizadas, respectivamente.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan lixeiramente aos 1.717, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:

En canto aos casos activos, estes volven subir e achéganse aos 15.000En total, hai 14.409 (+1.130) persoas con coronavirus en Galicia.

Sergas notificou dous decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.304 falecementos desde o inicio da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade