Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia ten case 8.000 variedades de camelia e este é o momento para gozar da súa beleza

Galicia ten case 8.000 variedades de camelia e este é o momento para gozar da súa beleza

A Deputación de Pontevedra ten en marcha visitas caracterizadas aproveitando o momento da súa floración

G24.gal 04/03/2023 15:30

Galicia é todo un referente internacional no cultivo da camelia. A nosa comunidade ten case 8.000 variedades diferentes desta planta de orixe asiática que se converteu en protagonista da nosa paisaxe  e da famosa Ruta da Camelia.

Orixinaria do sur da China e do Xapón, a camelia leva séculos engalanando os nosos xardíns durante os meses máis fríos do ano. A Deputación de Pontevedra ten en marcha visitas caracterizadas en grupos aproveitando o momento da súa floración. 

Unhas 400 variedades desta flor ocupan gran parte dos xardíns do castelo de Soutomaior, declarados de Excelencia Internacional. 

Na localidade coruñesa de Vedra, o pazo de Santa Cruz de Rivadulla conta con algúns dos exemplares centenarios máis antigos de toda España. A antigüidade das plantas tamén marca o seu valor.

Outros exemplares máis primitivos deste xardín botánico poden ter ata 300 anos de antigüidade porque calculan que puideron plantarse a principios do século XVIII.

Outra cousa excepcional desta contorna é o bosque silvestre de camelias centenarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos