Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galiforest arranca en Boqueixón con 107 expositores

Galiforest arranca en Boqueixón con 107 expositores

A feira forestal celebra a súa 7ª edición con máis de 15.000 m2

21 proxectos presentáronse o concurso de innovación tecnolóxica 

A feira agarda máis de 7.000 visitantes ata o sábado
G24.gal 27/06/2024 14:46

O sector forestal galego ten unha cita inescusable estes días en Sergude (Boqueixón) na sétima edición de Galiforest. É a feira máis importante en toda España, que este ano presta especial atención á innovación e á internacionalización.

Este ano o certame supera todos os rexistros: conta cunha superficie de 15.300 metros cadrados, 107 expositores (11 internacionais) e 200 demostracións de maquinaria como autocargadoras, procesadoras forestais ou miniserradoiros.

Ricardo Durán, director xeral da Fundación Semana Verde, di que nesta edición hai 21 innovacións tecnolóxicas que se presentaron no concurso e que o bo desta feira é que a parte expositiva é espectacular e todo o que se expón pódese ver funcionar.

Galiforest recibirá máis de 7.000 visitantes ata o sábado, cando a feira apague os seus motores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar