Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP apoia a Rueda en Ourense como "garantía" de "cohesión territorial"

O PP apoia a Rueda en Ourense como "garantía" de "cohesión territorial"

O PP celebra a súa 26ª Interparlamentaria en Ourense e na apertura Cuca Gamarra asegurou que os socialistas van "cambiar Suresnes por Waterloo"

Desde o PP galego, Paula Prado referiuse á deslealdade da oposición en relación cos pellets

Feijóo en Ourense este sábado. EFE/Brais Lorenzo
G24.gal 20/01/2024 20:13 Última actualización 20/01/2024 23:11

Interparlamentaria do Partido Popular en Ourense con Núñez Feijóo á fronte. Desde o PP galego, Paula Prado fixo referencia a retos de futuro como converter Galicia na primeira comunidade con ensino gratuíto desde os cero anos ata a saída da Universidade. E, en medio, unha alusión á crise dos pellets.

"Como ben dicía Manuel Fraga, unha oposición leal é vital na democracia, pero unha oposición desleal é a maior desgraza para a democracia. E de deslealdade da oposición sabemos ben en Galicia, sobre todo estes últimos días", comentaba Prado.

A número dous do partido, Cuca Gamarra, cargou contra Pedro Sánchez polo que considera un "sometemento" a Puigdemont en cuestións como a amnistía, as competencias de inmigración e o sinalamento de xuíces.

 "O socialismo vai cambiar Suresnes por Waterloo. Isto é o que está ocorrendo nestes momentos na Coruña. Estase enterrando o programa histórico do partido socialista e estase asumindo o teledirixido e ditado por Puigdemont. O que está claro é que, con Pedro Sánchez, Puigdemont chasca os dedos e Sánchez obedece".

Gamarra sinalou que o PP é o "dique de contención" fronte as cesións de Sánchez a Puigdemont, Esquerra e Bildu. Este domingo intervirán na Interparlamentaria Alfonso Rueda e Núñez Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade