Cargando resultados...
Garamendi: "Preocúpanos a crispación que se está xerando arredor dos empresarios"
O presidente da CEOE critica que algúns dirixentes políticos os sinalen co dedo
G24.gal
04/11/2022 07:55
O presidente da CEOE Antonio Garamendi di que lle preocupa a crispación que se está xerando arredor dos empresarios en España. E lamenta que algúns dirixentes políticos os sinalen directamente.
Tamén criticou que se fagan propostas para marcar prezos e asegurou que os membros da CEOE son "fillos da democracia e non netos da guerra".
Garamendi fixo estas declaracións ante unhas 1.300 persoas, en Logroño, durante a gala de conmemoración do 45 aniversario da Federación de Empresas da Rioxa.