Publicador de contidos
Publicador de contidos

García Castellón: "Por que lle chaman 'lawfare' se te queren acusar de prevaricación?"

García Castellón: "Por que lle chaman 'lawfare' se te queren acusar de prevaricación?"

O xuíz García Castellón (EFE/Mariscal) O xuíz García Castellón (EFE/Mariscal)
G24.gal 17/06/2024 20:58

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castellón recoñeceu que lle produce "moitas ganas de chorar" que utilicen algúns a palabra lawfare e preguntouse por que se emprega esa palabra cando en realidade se quere acusar algúns xuíces de prevaricaren.

Nunha conferencia en Zaragoza titulada A Audiencia Nacional ou a defensa da democracia, organizada pola Fundación Ibercaja, o instrutor de casos como Púnica, Kitchen ou na actulidad o de Tsunami Democràtic, cuestionouse: "Por que hai lawfare cando toca a uns e non a outros?".

E engadiu: "Por que lle chaman amor cando queren dicir sexo? Por que lle chaman lawfare cando é prevaricación do que te acusan? Por que se usa unha palabra tan hipócrita?".

Respecto á negativa de Suíza a apreciar delito de terrorismo nos disturbios atribuídos a Tsunami Democràtic, que o seu xulgado investiga dixo: "Que cada un diga o que queira; na lexislación suíza opinan iso, na española outra cousa, e cada un segue o seu camiño".

Preguntado pola renovación do órgano de goberno dos xuíces, que leva cinco anos caducado, dixo que oxalá soubese a fórmula e considerou que dentro do Consello Xeral do Poder Xudicial hai "bos xuristas", pero, ao fío do atraso na súa renovación, "a norma política manda".

O que si que considerou é que o primeiro Consello que houbo en España, entre 1980 e 1984, foi modélico, e que logo en 1985 cambiouse o modelo "radicalmente".

Respecto á xudicialización da política ou á politización da xustiza e a división de poderes, dixo que bota en falta un sistema como o anglosaxón, que é "sota, cabalo e rei", e quen se entremete dunha forma "descarada" recibe "todo tipo de penas do inferno".

En España este sistema non impera, e para García Castellón iso "non produce satisfacción".

Aquí, engadiu, cando os xuíces tocan algo do poder político "están sometidos a presións, moitas non moi agradables".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade