Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xulgado confirma o arquivo da causa contra o condutor do bus accidentado en Cerdedo-Cotobade con 7 mortos

O xulgado confirma o arquivo da causa contra o condutor do bus accidentado en Cerdedo-Cotobade con 7 mortos

Os familiares presentaron un recurso de apelación, que ten que resolver a Audiencia Provincial de Pontevedra

Imaxe de arquivo do autobús accidentado Imaxe de arquivo do autobús accidentado
G24.gal 04/09/2024 18:01

O Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra rexeitou o recurso presentado por familiares de vítimas do accidente do bus que saíu da vía e caeu ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade, en Noiteboa de 2022, e reafirmouse na súa decisión de arquivar a causa penal contra o condutor do vehículo, que estivo investigado por 7 homicidios imprudentes.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o xulgado desestimou o recurso, aínda que os familiares presentaron un recurso de apelación, que agora terá que resolver a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O pasado mes de xuño a xuíza de instrución decretou o sobresemento da causa contra o chofer do bus, ao entender que non hai indicios da comisión dunha imprudencia grave ou menos grave; e iso a pesar do informe pericial da Garda Civil que apuntou a un exceso de velocidade como causa do sinistro, sumado ás malas condicións meteorolóxicas.

Así, unha vez analizados os informes e escoitados os dous únicos sobreviventes (o condutor e unha viaxeira), a xuíza de instrución decretou o arquivo da causa, lembrando que o propio informe da Garda Civil non puido determinar con exactitude a velocidade á que circulaba o vehículo nese tramo, xa que a deterioración do tacógrafo impediu obter ese dato.

"Se non se sabe a que velocidade circulaba o condutor no momento do sinistro, pero si se sabe que a velocidade media durante o traxecto desde a última parada foi de 66 km/h, non se entende por que se afirma rotundamente que o condutor non adecuara a velocidade do seu vehículo cando as condicións meteorolóxicas e do firme eran moi adversas, cando xa o facía antes", argumentou a maxistrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade