Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confirman a sanción á funcionaria de prisións de Ourense que mantivo relacións sexuais cun preso

Confirman a sanción á funcionaria de prisións de Ourense que mantivo relacións sexuais cun preso

A muller xa cumpriu a sanción disciplinaria de tres meses de suspensión e o preso foi trasladado a outro cárcere

G24.gal 04/09/2024 14:26

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a suspensión de emprego a unha funcionaria de prisións do centro penitenciario do Pereiro de Aguiar que mantivo relacións sexuais cun interno dentro do cárcere.

O Alto Tribunal considera probada a infracción porque un vídeo das cámaras de vixilancia do cárcere ourensán recollen como a funcionaria abandona sen autorización o seu posto para acceder sen causa xustificada á cela do interno, co que recoñeceu que mantiña unha relación sentimental.

A imaxes tamén ensinan como a muller abandona a cela media hora máis tarde cos zapatos na man e a camisa desabrochada. Os feitos aconteceron en agosto de 2021.

A muller xa cumpriu a sanción disciplinaria de tres meses de suspensión e o preso foi trasladado a outro cárcere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade