Publicador de contidos
Publicador de contidos

Garzón, no centro da polémica pola entrevista en que carga contra a gandería intensiva

Garzón, no centro da polémica pola entrevista en que carga contra a gandería intensiva

O ministro de Consumo asegura que a gandería extensiva é sostible medioambientalmente

G24.gal 04/01/2022 22:02

O ministro de Consumo, Alberto Garzón, está no centro da polémica por unha entrevista a The Guardian, un dos xornais europeos con maior prestixio, en que dixo que as granxas de gran tamaño do sector cárnico "contaminan o chan, a auga e logo exportan esta carne de mala calidade destes animais maltratados".

O sector gandeiro, a clase política e mesmo os internautas reaccionaron uns días máis tarde tras un chío do presidente de Castela e León. O ministro asegurou que só se refería á gandería intensiva xa que, para el, a explotación extensiva que se fai en zonas de Asturias, Castela e león e Andalucía si é sostible medioambientalmente.

Garzón xa protagonizara o verán pasado outra polémica cando o seu ministerio recomendou comer menos carne por razóns de saúde e medioambientais.

O PP pediu unha rectificación inmediata do que consideran un ataque do Goberno contra gandeiros e agricultores e tamén á imaxe do noso país.

O Grupo Parlamentario Ciudadanos presentou unha proposición non de lei no Congreso para conseguir a reprobación de Garzón.

ASAJA pide a dimisión de Garzón, mentres que a COAG estima que Garzón vai en contra das macrogranxas coas que eles tampouco están de acordo. 

Unións Agrarias pediu o seu cesamento ao consideralo un novo ataque ao sector agrogandeiro e ao medio rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade