Publicador de contidos
Publicador de contidos

Garzón recórdalle ao Goberno que hai recursos para loitar contra a fraude no aceite de oliva

Garzón recórdalle ao Goberno que hai recursos para loitar contra a fraude no aceite de oliva

O ministro de Consumo en funcións, Alberto Garzón, recórdalle ao Goberno que hai recursos para loitar contra a fraude no aceite de oliva e pídelles ás empresas do sector da alimentación que sexan responsables e cumpran a lei

Dende o Goberno insisten en que a causa da alza de prezos está na mingua da produción de olivas

G24.gal 14/09/2023 14:13

O aceite de oliva está máis caro ca nunca. Detrás podería estar unha posible especulación no mercado. O ministro de Consumo en funcións, Alberto Garzón, defende unha vixilancia exhaustiva das empresas e fixo un chamamento a todas as empresas a que cumpran a lei e sexan responsables ante a escalada do prezo do aceite.

Garzón: “Nós sempre defendimos facer unha vixilancia dos prezos, porque es una enorme preocupación para la economía española e para as familias traballadoras”.

Mentres, dende os ministerios de Economía e Agricultura negan tal especulación. Insisten en que o alto prezo se debe á escaseza do produto polas malas colleitas e a seca.

Calviño: “Non nos consta que se estea especulando co aceite de oliva”

Planas: "Estamos nun contexto de prezos altos"

España é o principal produtor de aceite de oliva a nivel mundial, e porén os consumidores denuncian que as mesmas botellas en mercados estranxeiros como Portugal, Irlanda ou Alemaña son moito máis baratas.

O claro é que o que fai a compra a diario sábeo ben. O aceite de oliva, un ben de primeira necesidade, pasou en catro anos de valer pouco máis de tres euros a 10.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade