Gasolineiras do rural que serven de centros sociais
Gasolineiras do rural que serven de centros sociais
Dende xogar a partida ata saber da vida dos veciños
A reposición pasa a ser un servizo secundario
Doce anos leva Celsa atendendo detrás da barra os veciños de Casal do Bispo e das parroquias lindeiras que se achegan ata a gasolineira para pasar o tempo. Aquí toman algo, xogan a partida e, sobre todo, manteñen unhas relacións sociais cada vez máis escasas pola perda de poboación. Aquí poden almorzar, xantar, xogar o tute e botar a quiniela ou a primitiva.
A construción da autovía reduciu drasticamente o número de clientes da gasolineira. Pero os que veñen repoñer aproveitan para tomar algo e gozar do bo ambiente. Sábados e domingos son os días fortes, pero pódese pasar a falar cos veciños a calquera hora do día.
Malia seren negocios do mesmo sector, espazos coma este nada teñen que ver coas impersoais gasolineiras low cost ou coas grandes áreas de servizo das grandes vías. Aquí, ademais de botar gasolina, tamén se bota un conto.