Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marchan sen pagar das gasolineiras en distintas zonas de Lugo

Marchan sen pagar das gasolineiras en distintas zonas de Lugo

A Policía xa ten localizados os autores dos delitos

G24.gal 10/08/2024 13:23

As gasolineiras da zona de Lugo están sendo vítimas estes últimos días  dun delito que consiste en encher o vehículo de combustible e marchar sen pagar.

O modus operandi é sempre os mesmo: dous homes chegan nun turismo á estación de servizo, enchen o depósito, entreteñen ao dependente e escapan a toda velocidade. As forzas de seguridade xa os teñen localizados.

Este é un dos vídeos que constitúe unha das probas en contra de dous homes que nestes últimos días van polas gasolineiras da zona de Lugo, enchen o depósito do mellor combustible e, unha vez cheo, enredan a quen os atende, montan no coche e escapan a toda velocidade.
Empezamos con esta gasolineira de Sarria, onde estiveron o sábado tres

Nesta gasolineira cargaron 90 euros do mellor combustible, o mesmo que botaron nestoutra estación de servizo do Picato, en Lugo, onde deixaron sen pagar 78,50 euros.

A mesma forma de actuar nas dúas, cubrindo a cara e sen mirar as cámaras.

Os presuntos delincuentes xa está localizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar