Publicador de contidos
Publicador de contidos

As gasolineiras de baixo custo, unha alternativa nestas vacacións fronte á suba dos combustibles

As gasolineiras de baixo custo, unha alternativa nestas vacacións fronte á suba dos combustibles

As estacións de servizo de baixo custo son unha boa opción para moitos condutores

A rebaixa fronte a outras marcas permite un aforro duns vinte céntimos por litro

Algúns condutores que enchen o seu depóstito poden chegar a aforrar uns 12 euros

G24.gal 24/03/2024 16:49 Última actualización 24/03/2024 17:14

"Para aforrar hoxe en día o mellor 'low cost' para poder aforrar uns euriños como moito".

É a opción de moitos condutores á hora de encher o seu depósito. Elixir unha gasolineira de baixo custo, onde o prezo está algo máis baixo que as estacións convencionais.

"Vinte céntimos ou algo máis de vinte céntimos por litro, máis ou menos".

Pero mesmo entre elas hai diferenzas de prezo, sobre todo, se non están na mesma zona. Algo que non entenden os propios condutores.

"Bastante disparado, parece que non se corresponde como debe ser. Hai moito imposto dunha gasolineira a outra, moita diferenza".

"Non hai que preguntar xa sabemos que está caro. Pero é o que hai, aquí todo o mundo tranquilo como se non pasara nada".

O seu crecemento aumentou moitísimo. Tanto é así que nunha mesma estrada poden competir dúas gasolineiras deste tipo, unha en fronte da outra pero en sentidos opostos. 

"Fíome un pouco da calidade e o mesmo tempo do prezo, pero a calidade quen a sabe. É un problema".

Son estacións de carga moi usadas e máis agora, co encarecemento dos combustibles. Os seus prezos esta semana rozan o 1,35 para o diésel, e o 1,43 para a gasolina. Se enchemos un depósito duns 60 litros podemos aforrar uns doce euros. 

"Iso ao mes nótase".

Son puntos de recarga sen case persoal e con pouco mantemento. A súa presenza duplicouse en España en poucos anos, pasando de 882 gasolineiras en 2019 a máis de 2.000 a finais do pasado ano. Un novo modelo de negocio que se consolida fronte as grandes marcas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar