Gazprom corta a subministración de gas aos Países Baixos
Gazprom corta a subministración de gas aos Países Baixos
O corte será este martes 31 de maio
O xigante ruso deixa de subministrar porque a compañía holandesa GasTerra négase a pagar en rublos
O xigante gasístico Gazprom anunciou hoxe que a partir deste martes 31 de maio, cortará a subministración de gas á empresa holandesa GasTerra, despois de que esta se negara a pagarlle á compañía estatal rusa en rublos e que foi o mecanismo aprobado por Putin para contrarrestar as sancións.
Anteriormente, Polonia, Bulgaria e Finlandia xa se negaran a pagar polo gas en rublos, tras o que Moscova cumpriu a súa ameaza e cortoulles a subministración a estes países. Según o Kremlin, preto da metade dos importadores estranxeiros do gas ruso xa abriron contras en Gazprombank para efectuar o pagamento a través do esquema proposto por Mosova que prevé a conversión de divisas a rublos.
O viceprimeiro ministro ruso, Alexandre Novak, defendeu que esta medida busca "garantir o ingreso das divisas, a súa conversión en rublos e o pagamento en rublos do gas subministrado".
Segundo a axencia oficial rusa TASS, máis de 20 empresas xa abriron contas en Gazprombank, en correspondencia coas esixencias do Kremlin, entre as que figuran a compañía enerxética italiana Eni, o consorcio alemán Uniper e a francesa Engie.