Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gerrit pon en alerta Galicia por vento e chuvia

Gerrit pon en alerta Galicia por vento e chuvia

G24.gal 27/12/2023 14:53

O tempo deu un xiro. Temos enriba a Gerrit, unha borrasca profunda. Mantén toda a costa en aviso amarelo por vento e ondas.

Juan Taboada, preditor en Meteogalicia, explica que se agardan: "Vento de forza sete con algún intervalo de oito e ondas que superan os catro metros de altura. En terra, algunhas zonas do litoral que superan os 70-80 quilómetros por hora. Un aviso que en terra se desactivará á media tarde, a medida que vaian chegando as precipitacións".

Arrastra un río atmosférico. Así que trae chuvia. Chegará esta tarde e con forza. 

"De feito, temos tamén avisos amarelos que se activan esta tarde. Neste caso por chuvia, por acumulación. Cantidades superiores aos 40 litros por metro cadrado en 12 horas en moitos puntos da provincia da Coruña e zonas de Pontevedra", engade Juan Taboada.

O vento do sur suaviza as temperaturas, con mínimas de dez graos e máximas de 15.

A fronte marchará progresivamente a partir de mañá, e queda a incógnita do 31.

Desde Meteogalicia nun primeiro avance din que semella que "non sería unha madrugada de moi mal tempo. Non sería extremadamente fría e a chuvia que pode chegar tampouco sería demasiado intensa". Pero ameazan dúas borrascas e haberá que agardar os próximos días para concretar este avance.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade