Gill Bird, unha pintora galesa que se inspira en Coles
Gill Bird, unha pintora galesa que se inspira en Coles
A Casa de Galicia en Madrid acaba de acoller a exposición dunha ourensá de adopción cunha interesante traxectoria profesional e persoal
Nacida en Gales, Gill Bird mudouse por amor ao concello de Coles, onde marida o turismo rural coa pintura
A casa grande de Soutullo é o negocio, a vivenda e a inspiración de Gill Bird. Todo a un tempo e da man de Benito, a razón pola que cambiou Gales por Coles.
Gill Bird, pintora: "As montañas, a humidade, as casas... o ambiente galego recordábame moitísimo a vida anterior en Gales".
Apaixonada das paisaxes celtas, houbo un tempo en que se mergullou nelas para crear.
"Escapei ao monte e vin cun montón de pezas de madeira. Tamén na praia, collía cachos de madeira, e no río Miño".
Xa non traballa escultura, a muller, sobre lenzo, é agora a súa fonte de inspiración.
"O corpo masculino non me inspira. O que me gusta é o corpo e a sensibilidade da muller. Cada un dos meus cadros é unha narrativa, cun antes e un despois. É un momento na vida dunha muller".
Os salóns e galerías deste pazo do século XVIII son a súa sala permanente de exposicións, pero a súa obra tamén viaxa. Xa estivo no seu Cardiff natal, no centro cultural da Deputación de Ourense e agora mesmo acaba de regresar de Madrid.