O GPS deixa atrancado un camión nunha estrada de Coles

Non é a primeira vez que un tráiler queda atrapado nesta curva

A Deputación de Ourense colocou un sinal este luns pero a veciñanza non confía en que solucione o problema

G24.gal 04/12/2023 14:19

Máis de 24 horas quedou atascado un camión nunha curva de Ribela, no concello ourensán de Coles. Foi o GPS o que o meteu por alí dende a Nacional 525 cando se dirixía a unha fábrica que hai na zona.

Era un condutor portugués que tivo que durmir no camión e recibiu a solidariedade da veciñanza.

Ata que non conseguiron retirar o camión ao día seguinte cun guindastre especial, os usuarios da principal estrada da localidade tiveron que realizar importantes rodeos.

Esta mesma mañá operarios da Deputación de Ourense estaban colocando un sinal, difícil de ver antes de estar xa metidos nesta estrada rateira, e a veciñanza de Ribela non confía, di, en que solucione o problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade