Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home de 91 anos nun choque entre dous turismos en Coles

Morre un home de 91 anos nun choque entre dous turismos en Coles

O condutor do vehículo no que viaxaba está grave

A muller e os tres nenos que ían no outro coche teñen feridas leves

G24.gal 23/12/2023 21:46 Última actualización 23/12/2023 21:56

Un home de 91 anos, veciño de Ourense, morreu este sábado nun violento choque entre dous turismos ocorrido no concello de Coles. O condutor do coche no que viaxaba está grave.

No outro vehículo ía unha muller e tres nenos que quedaron feridos leves. O forte impacto complicou os labores de rescate. Tiveron que cortar o tráfico nun carril, para que os bombeiros puidesen traballar con seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade