Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home de 93 anos ao caer a un pozo no concello ourensán de Coles

Falece un home de 93 anos ao caer a un pozo no concello ourensán de Coles

Equipos de emerxencia rescataron o cadáver e investigan as causas do suceso

G24.gal 18/01/2024 15:18 Última actualización 18/01/2024 19:57

Atopan o corpo sen vida dun home de 93 anos nun pozo situado na bodega da casa, no lugar de Outeiro, no concello ourensán de Coles na tarde deste xoves, no lugar de Outeiro. 

O 112 recibiu o aviso contra as dúas da tarde. Mobilizaron axentes da Garda Civil, os Bombeiros do Carballiño, Protección Civil e o GES do Pereiro, pero non puideron máis que certificar a defunción e avisar o forense para o levantamento do cadáver. A intervención prolongouse durante un par de horas.

"O único que houbo que facer foi sacar o corpo da auga. Tivemos que esperar polo forense para que recollese as probas necesarias, e agora acabamos de sacalo da auga para que o servizo xudicial o traslade para que lle fagan a autopsia", conta Rubén Gómez, cabo dos bombeiros do Carballiño.

O instituto armado iniciou unha investigación para esclarecer o ocorrido, aínda que sinala que non se aprecian signos de criminalidade. As primeiras hipóteses apuntan a un accidente.

"Un accidente, si, porque el era moito de andar remexendo e, nun despiste... O pozo era dos que había antes da traída e estaba destapado", explica Antonio Rodríguez, sobriño do falecido.

O pozo está no interior da vivenda, no andar inferior que empregaban como adega. Segundo explica o sobriño do falecido, non tiña moita profundidade. "Tiña un metro ou metro e medio, non ten máis. Non entendo como...".

O falecido ía cumprir 94 anos.

🔴#AxegaInforma do rescate dunha persoa falecida no interior dun pozo, no lugar de Outeiro, en #Coles.

No punto: Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil, #BombeirosCarballiño, #GesPereiro e #ProtecciónCivilColes. pic.twitter.com/xGaZUx4ghO

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade