Publicador de contidos
Publicador de contidos

Glamping do mar, turismo sostible en Baiona

Glamping do mar, turismo sostible en Baiona

Cinco elipsoides con vistas ao mar na costa de Baoina

Inspíranse no modelo das casas pasivas

G24.gal 04/11/2022 20:47

Cinco ourizos de mar vixían a costa de Baiona nunha das apostas turísticas  mais orixinais das Rías Baixas. É o 'Glamping do Mar', que non é un hotel nin un camping ao uso.

Consta de cinco bungalós de 40 metros cadrados con cadansúa cama 'king size', bañeira de hidromasaxe, cociña e terraza. E todo, cara ao mar.

Segundo Mar Lago Giráldez, no Glamping do Mar ofrecen "un tipo de turismo de desconexión, de volver recuperar o son do mar, o ruído dos paxaros pola mañá, sen estar tan masificado".

'Glamping do Mar' é un claro exemplo de turismo sostible en medio da natureza e cunhas vistas espectaculares á costa de Baiona.

Turismo de desconexión áao carón do mar

Acaba de abrir as súas portas na parroquia de Baredo e vai camiño de se converter nun dos destinos turísticos máis atractivos das Rías Baixas.

O lugar perfecto para unha escapada romántica, pero tamén para viaxar en familia e para persoas con mobilidade reducida. E todo en perfecto maridaxe coa natureza, que en inverno é aínda mais espectacular.

Unha oferta sostible co medio

Todo xurdiu da imaxinación de Xosé Antonio Ferreira, un estudoso das casas pasivas: "Decidimos facer unha edificación diferente que non existe no mercado, e ser respectuosos de verdade co medio ambiente".

Asegura que todo está construído con "madeira de proximidade, grandes cantidades de illamento para non gastar enerxía, triple cristal, máquinas de ventilación. Baseándonos nunha casa pasiva".

No 'Glamping do Mar' hai respecto total pola contorna: os elipsoides están elevados para que a vexetación pase por debaixo sen danar o antigo manto, reciclan as augas grises para rego e non hai formigón porque as pistas son de xabre.

Un espazo natural perfecto para o lecer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade