Galicia acollerá 26 menores migrantes nun acordo estatal polo que Vox amenaza romper os pactos co PP
Galicia acollerá 26 menores migrantes nun acordo estatal polo que Vox amenaza romper os pactos co PP
Galicia acollerá 26 menores migrantes nun acordo estatal polo que Vox amenaza romper os pactos co PP
Vox convoca unha xuntanza urxente e dá por rotos os pactos co PP por aceptar a repartición de migrantes
As comunidades autónomas do PP aceptan acoller menores inmigrantes das Canarias
O PP cre que nin os cargos nin os votantes de Vox entenderán que se romperan os acordos
Vox convocou para este xoves unha reunión do seu Comité Executivo Nacional para tomar as medidas correspondentes logo da aceptación a aceptación por parte das comunidades autónomas que goberna co PP da repartición voluntaria de 400 menores. Cre que supón dar por rotos os acordos autonómicos entre ambos os partidos.
Desde as filas do PP, Miguel Tellado aseguraba este xoves que os votantes de Vox non o entenderían.
Galicia acollerá 26 menores
A proposta do Goberno prevé que Galicia acolla 26 deses 400 menores. A conselleira de Política Social participou de xeito telemático nesta Conferencia Sectorial.
Fabiola García expresou a súa solidariedade coas Canarias e Ceuta e reivindicou que Galicia seguirá sendo unha terra de acollida. Sobre a reforma legal para facer obrigatoria a repartición, a conselleira explicou que a proposta non chegou ata este martes pola tarde e que non tiveron tempo de estudala. En calquera caso, dixo García, a súa aprobación depende do Congreso e non das comunidades autónomas.
As comunidades autónomas acordaron este mércores na Conferencia Sectorial de Infancia acoller de forma voluntaria 400 menores migrantes tutelados en Canarias e Ceuta, pero non houbo consenso sobre a proposta do Goberno, esixida por Canarias, para facer estas reparticións obrigatorias mediante unha modificación na lei de estranxeiría.
O Goberno queixouse de que o PP "non se manifesta" sobre este cambio legal, que de todos os xeitos quere acelerar para rexistralo no Congreso este mesmo mes.
res que nos traslada o Goberno central. Pídolle ao Goberno que asuma a parte que non poden xestionar as comunidades autónomas".
Nas Illas Canarias hai hoxe preto de 5.500 menores inmigrantes, case o triplo da súa capacidade asistencial. Máis de douscentos irán a autonomías gobernadas polo PP, que finalmente aceptou a proposta que rexeitara hai un mes.
A repartición de menores está en vigor desde 2022. É voluntaria e negóciase cada ano coas autonomías. O executivo propuxo este mércores facela obrigatoria por lei cando unha comunidade autónoma supere o 150 % da súa capacidade de acollida.
Sira Rego, ministra de Xuventude e Infancia, xustificouno: "O mecanismo voluntario non está funcionando. Por exemplo, o 80 % dos traslados de 2023 non se cumpriron por parte das comunidades autónomas".
O PP lamentou que o Goberno non lles enviase aos seus conselleiros a proposta ata este martes e pediu tempo antes de decidir se apoia no Congreso ese cambio na lei de estranxeiría.