Publicador de contidos
Publicador de contidos

Golpe de autoridade de White na primeira etapa da Volta a Galicia

Golpe de autoridade de White na primeira etapa da Volta a Galicia

O neozelandés chegou escapado cun minuto e medio sobre o segundo clasificado, Carlos Gutiérrez

G24.gal 15/09/2022 22:08

Botou a andar a edición número 20 da Volta a Galicia amateur. A primeira xornada tiña saída e chegada en Poio,157 quilómetros, pasando por Ribadumia, Cuntis e Vilgarcía, con subida á Escusa, de primeira categoría.

O primeiro líder é o corredor do equipo porriñés Cociñas Lasal-Louriña, o neozelandés Alexander White, que levou a bo porto a fuxida do día. En segunda posición, a 1:26, chegou Carlos Gutiérrez do Club Ciclista Padronés. E a terceira praza foi para Lev Gonov. Mañá, segunda etapa entre Taboada e Chantada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade