Gontán, en Abadín, recupera a feira de Santos, logo dun ano suspendida por mor da pandemia
Gontán, en Abadín, recupera a feira de Santos, logo dun ano suspendida por mor da pandemia
Para comprar, para ver o xénero ou simplemente para cumprir coa tradición de achegarse aos pobos que celebran feira. O caso é que estas citas directas entre compradores e vendedores recupéranse logo dun ano no que a pandemia desaconsellaba as xuntanzas multitudinarias.
Gontán, no Concello de Abadín, revive a súa tradicional Feira de Santos, na que se pode atopar de todo. O gando é un dos puntos fortes deste mercado. Os tratantes están encantados de que se vaian recuperando.
Os produtos do campo teñen todo o protagonismo nesta feira.
Tamén hai castañas, cebolas, queixos e animais de granxa. Toda unha invitación a pasear pola feira, como se facía habitualmente.
Unha mostra de que as feiras manteñen o seu tirón, pese a que a máscara marca un antes e un despois.