Publicador de contidos
Publicador de contidos

Formoso dá por pechado o debate do candidato á Xunta e céntrase na súa axenda

Formoso dá por pechado o debate do candidato á Xunta e céntrase na súa axenda

Gonzálo Caballero cre que o debate sobre o futuro candidato á Xunta, aberto por Formoso, é "inoportuno"

O exsecretario xeral do PSdeG cre que a exoneración xudicial de Gómez Besteiro "non garante que sexa o referente idóneo"

O que fora líder dos socialistas galegos non descarta presentarse ás primarias

G24.gal 17/01/2023 14:55

Nunha entrevista no programa Bos días da TVG, o exsecretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de "inoportuno" o debate aberto polo actual líder da formación Valentín González Formoso, quen, hai tres semanas, aseguraba que "se algún día Xosé Ramón Gómez Besteiro quere ser candidato á Xunta de Galicia vai contar con todo o meu apoio". "El mesmo abriu un melón no que se amosou disposto a renunciar a esa candidatura", dixo Caballero.

O exlíder socialista tamén deu a súa opinión sobre unha eventual candidatura de José Ramón Gómez Besteiro, que garda silencio dende que se arquivou a última causa que tiña pendente coa xustiza. Cre que "unha exoneración xudicial non garante nin ser referente idóneo nin acertar no rumbo do PSdeG para o futuro".

Gonzalo Caballero di que agora está centrado na actividade parlamentaria, pero non descarta presentarse ás primarias das que sairá o candidato. Asegurou que "cando haxa que anunciar as decisións que haxa que anunciar eu trasladareinas pensando sempre no benestar dos galegos e das galegas".

Pola súa banda, o secretario xeral dá por pechado o asunto e céntrase na súa axenda. Este martes reuniuse con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública. Para Valentín González Formoso, "o PSdeG está onde debe estar, a carón da sociedade galega na defensa da sanidade pública, unha sanidade que está en franco risco coas decisións que toma o PP en cada xunta de goberno". Confirmou que o PSdeG participará na manifestación convocada pola plataforma o 12 de febreiro en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade