Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gonzalo Caballero seguirá como voceiro no Parlamento

Gonzalo Caballero seguirá como voceiro no Parlamento

O Grupo Socialista descarta cambios ata o congreso do partido que se celebrará en decembro

Arangüena: "O lóxico é que o voceiro no Parlamento lle faga as preguntas ao presidente da Xunta"

Gonzalo Caballero durante un pleno do Parlamento
G24.gal 02/11/2021 16:47

Gonzalo Caballero, derrotado nas primarias socialistas desta fin de semana, vai seguir polo de agora como voceiro parlamentario. Así o asegurou esta mañá o seu segundo na cámara galega, Pablo Arangüena. Desta forma, Caballero seguirá sendo tamén o responsable de facerlle as preguntas de control a Núñez Feijóo durante os plenos.

Os colaboradores de Caballero defenden que nada ten por que cambiar no grupo parlamentario ata o Congreso de decembro, no que tomará posesión a nova executiva designada por Valentín González Formoso, o vencedor das primarias do PSdeG.

Doutra banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero asinou, antes das votacións, un acordo con Gonzalo Caballero para levar unha lista de integración pola provincia de Pontevedra ao congreso do PSdeG de decembro. Hoxe evitaba falar desta lista. E insistía no seu papel de alcalde e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade