Publicador de contidos
Publicador de contidos

Google Maps comeza a respectar a toponimia oficial galega

Google Maps comeza a respectar a toponimia oficial galega

Lugares como Arteixo, Sanxenxo ou A Coruña aparecen xa escritos coa grafía galega que lles pertence

G24.gal 09/09/2024 22:13 Última actualización 09/09/2024 22:26

Tardou máis do debido, pero finalmente as mentes pensantes do Google Maps decatáronse de que non existe un lugar chamado Sangenjo, senón Sanxenxo, e hai un Xinzo de Limia, no canto de Ginzo de Limia. A aplicación recúa e vai adaptándose á rica toponimia galega nas denominacións dos seus mapas.

Non era sen tempo que o mundo virtual se corresponda coa realidade lingüística. Por fin a aplicación de mapas máis usada en Internet comeza a respectar a toponimia oficial e os nomes orixinais en galego. Ata non hai moito era habitual atopar La Coruña ou Orense nas buscas da aplicación, pero agora o nome desas cidades, e tamén o de localidades máis pequenas, como Arteixo ou Xinzo de Limia, aparecen xa coa forma galega que lles pertence.

Hai xa corenta anos que os topónimos da nosa terra teñen como única forma oficial a galega. Porén, a algunhas tecnolóxicas custoulles algo de tempo entendelo. A versión en castelán do google maps, por exemplo, recollía só a forma en español das cidades, vilas ou parroquias de Galicia. A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña para mudar esta situación. Agora, a aplicación adaptou por fin os seus algoritmos e xa cumpre a lei de normalización de 1984 en todas as súas versións.

Certo é que aínda hai lugares en que Google Maps antepón a forma en castelán, pero polo menos figura tamén a toponimia galega como segunda opción.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos