Cultura quere incrementar o uso do galego nos espazos onde se move a mocidade
Cultura quere incrementar o uso do galego nos espazos onde se move a mocidade
Van potenciar o papel dos neofalantes, aquelas persoas que aínda que non tiñan o galego como primeira lingua agora a usan como símbolo de identidade.
En colaboración coa USC daráselle continuidade ao proxecto neofalantes.gal, o portal web que serve de unión a esta comunidade
Cultura quere incrementar o uso do galego nos espazos onde se move a mocidade. E quere potenciar o papel dos neofalantes, aquelas persoas que aínda que non tiñan o galego como primeira lingua agora a usan como símbolo de identidade.
En colaboración coa USC daráselle continuidade ao proxecto neofalantes.gal, o portal web que serve de unión a esta comunidade, e así poder captar novos usuarios das redes sociais. Outras medidas serán incrementar o uso do galego en áreas como a tecnoloxía, o lecer, ou o ensino.
"Persoas de todo o mundo se interesen a través de esa páxina neofalantes. gal de coñecer a lingua galega e por integrarse na nosa cultura e despois ser os grandes prescriptores de opinión para que moita máis xents se poda achegar", comenta o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.