Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gran parte de Portugal está en seca extrema ou severa

Gran parte de Portugal está en seca extrema ou severa

Portugal sofre unha seca histórica provocada pola falta de chuvia dos últimos meses

Lugares próximos á fronteira con Galicia xa tomaron medidas para o aforro de auga

Alberto Mancebo 07/02/2022 19:44

A metade de Portugal está en seca severa ou extrema. A falta de chuvia dende hai meses fai que se apliquen restricións, mesmo nos lugares menos esperados.  É o caso da cidade de Viana do Castelo que polo xeral mesmo podemos cualificar de lixeiramente chuviosa. Alí, o Concello suspendeu a rega dos seus espazos verdes. Ademais a vixilancia contra os incendios forestais vai ser anticipada e, atención, porque como non chova pronto abundantemente mesmo reducirán o uso de auga nas vivendas.

Portugal vive unha situación de seca histórica cos seus encoros en mínimos nunca vistos. 5 centrais hidroeléctricas, dúas delas moi achegadas a Galicia, pararon a súa actividade a semana pasada e no centro e sur de país hai concellos enteiros sen auga que darlle ao gando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade