Publicador de contidos
Publicador de contidos

Zelenski anuncia a súa chegada a Granada para participar no cumio europeo

Zelenski anuncia a súa chegada a Granada para participar no cumio europeo

Granada reúne medio cento de líderes europeos no marco da presidencia española da UE

Serán dous días de reunión para deseñar a Europa do futuro coa vista posta na ampliación a novos Estados 

G24.gal 05/10/2023 08:13 Última actualización 05/10/2023 09:50

O presidente ucraíno Volodimir Zelenski anunciou este xoves nas súas redes sociais a súa chegada a Granada para participar no cumio de líderes da Comunidade Política Europea e a UE que se celebra no marco da presidencia española da Unión Europea.

“Cheguei a Granada, España, para participar no cumio da Comunidade Política Europea”, escribiu Zelenski. “O noso obxectivo común é garantir a seguridade e a estabilidade da nosa casa común europea”, agregou o xefe do Estado ucraíno.

Granada está blindada para recibir os líderes europeos, con 5.000 efectivos policiais. O cumio que se celebra hoxe e mañá supón o principal fito dentro do semestre da presidencia española.
Hoxe os Vinte e sete reúnense con países veciños, tamén europeos, para analizar os retos comúns.

Corenta e cinco líderes políticos, nun foro que naceu o ano pasado impulsado por Macron a raíz de guerra en Ucraína. Os líderes falarán de enviarlle máis axuda e tamén haberá mesas de debate sobre intelixencia artificial ou enerxía.

E xa mañá hai Consello Europeo informal. Só os 27, para estudaren como e cando ampliar a Unión Europea cara ao leste e que reformas serán necesarias. 

Os líderes tamén aproveitarán este encontro para manter reunións bilaterais sobre asuntos que tensionan, como a crise migratoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade