Publicador de contidos
Publicador de contidos

Granados: "Temos moitos autónomos con máis de 65 anos, unha franxa que aumentou un 140 %"

Granados: "Temos moitos autónomos con máis de 65 anos, unha franxa que aumentou un 140 %"

Rafael Granados, presidente da Asociación de Traballadores Autónomo en Galicia, pide axustar as cotas da Seguridade Social aos rendementos

G24.gal 05/04/2023 10:28

11.185 traballadores por conta propia incorporáronse no mes de marzo ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, cifras que as principais organizacións deste colectivo ven positivas, pero cun carácter estacional, é dicir, atribuíndoas ás contratacións pola Semana Santa.

Desde a Asociación de Traballadores Autónomos, ATA, van máis alá e sinalan que en termos internanuais hai 1.300 autónomos menos que o ano pasado

"En Galicia hai unha casuística particular: o avellentamento. Temos moitos autónomos con máis de 65 anos, unha franxa que aumentou un 140 %, e perdemos menores de 45 anos. Nos proximos anos irá decaendo o número de autónomos, non só pola situación económica, tamén pola demografía. Fai falta xente nova que ocupe os postos dos que se van xubilar, que van ser moitos. Temos sectores do comercio ou agricultura que están moi afectados e que son os que máis perdas producen en afiliación e contratación. Hai que atender eses dous sectores, facer fronte ao despoboamento do rural e facer fronte as baixas con xente moza", afirma o presidente de ATA Galicia, Rafael Granados.

Os autónomos reclaman xente nova, din que hai incorporacións que persoas que veñen do réxime xeral de máis de 45 anos, pero queren impulsar unha renovación sobre todo no medio rural. 

"Hai que facilitar o emprendemento, reducir a burocracia, dar axudas ao mantemento da actividade. Hai axudas ao emprendemento, pero ao partir do segundo ou terceiro ano o noso negocio pode cambiar, o mercado pode cambiar. Hai que axudar a manter eses nogocios e abrir mercado e expandirse", segundo Granados.

Acusan o Goberno de non cumprir co establecido no Pacto de Toledo e das continuas subas das cotas para facer fronte, segundo ATA, ás necesidades da caixa das pensións.

"Tivemos unha suba dun 8,6 % en xaneiro; outra do 0,6 % de equidade interxeracional que non se nos dixo. Fai que aos autónomos lles subira a cota ao 9,2 %. Van subir ese mecanismo de equidade interxeracional outro 0,6 % e o ministro Escrivá avisou de que se van subir as cotas de autónomos para o 2026.  O Pacto de Toledo establecía que se ían axeitar as cotas do 2022 ao 2025 en función dos rendementos netos, e que no 2026 revisaríase en función deses rendementos. Dende o Goberno non están a cumprir co pacto", di o presidente de ATA Galicia.

Din que dende o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migración non están a facer partícipes o colectivo no regulamento que se foi modificando ao longo dos últimos anos.

"Moitos vanse dar de baixa, non só pola suba das cotas, senón polo incremento dos prezos das materias primas, das subministracións, da inflación, subiron os gastos moitísimo nos dous anos. O salario mínimo aumentouse un 64 % e iso repercute nos autónomos que teñen de 2 a 10 empregados. Se soben os custos e o mercado non recuperou valores anteriores á pandemia estamos atopando que os ingresos non dan para afrontar os gastos. Moitas empresas van cerrar e haberá autónomos que cesen actividade", asegura Rafael Granados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade