Publicador de contidos
Publicador de contidos

Silleda reuniu 8.700 aspirantes nas oposicións ao Sergas, marcadas polos nervios e os atascos

Silleda reuniu 8.700 aspirantes nas oposicións ao Sergas, marcadas polos nervios e os atascos

As probas empezaron unha hora máis tarde do previsto ata que puideron chegar os opositores que se presentaron aos exames

O Sergas notificoulles por SMS aos convocados a situación para informalos e pedirlles tranquilidade

Opositores convocadods ás probas do sergas en Silleda ás portas do recinto
G24.gal 25/06/2023 13:33 Última actualización 25/06/2023 21:02

As máis de 10.000 persoas inscritas nas oposicións de enfermaría do Sergas orixinaron un notable atranco para a chegada ata o recinto feiral de Silleda, lugar de realización dos exames. Nos accesos pola A-53 desde Ourense e Santiago houbo ata tres quilómetros de retención.

As probas estaban convocadas para as 10:00 horas pero ás 11:00, unha vez solucionado xa o colapso no tráfico, aínda seguían entrando ao recinto os que se ían examinar. Finalmente acudiron algo máis de 8.600, un 87 % dos matriculados.

O Sergas envioulles un SMS aos convocados para informalos da situación e pedirlles tranquilidade. Aclaraba na mensaxe que as probas agardarían para comezar o tempo que fose preciso para darlles tempo a chegar a todos os opositores.

A chegada de xente a un exame centralizado causou os atascos que, di o Sergas, non implicaron demoras nas horas de comezo das probas, pois estaba prevista a entrada escalonada dos aspirantes.

Hai en xogo 1.556 prazas das que a gran maioría son de acceso libre, 1.135 delas, 332 para promoción interna e outras 89 están reservadaas para discapacidade.

Sanidade explica nun comunicado que un 67 % dos admitidos xa ten relación co Sergas na actualidade. Entre todos os rexistrados, hai un 87 % de mulleres e un 16 % teñen que realizar un exercicio de galego ao non dispoñer do certificado Celga IV.

Entre os que se presentan había, como non podía ser menos, nervios ante a situación xa que xogaban o seu futuro profesional.

No exame había un cento de mulleres que pediron dar lactación aos seus bebés no medio do exame e contaron con persoal para acompañalas interrompendo momentaneamente o seu exame e 14 mulleres ingresadas por parto facendo os exames nos hospitais.

Durante esta fin de semana estaban convocadas máis de 11.400 persoas, con outras 772 presentadas a nove especialidades durante o sábado, cunha participación entón do 65 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade