Grecia chora 57 mortos e xa identificaron 32 vítimas do choque de trens
Grecia chora 57 mortos e xa identificaron 32 vítimas do choque de trens
Para este mediodía estímase que se completará o operativo de investigación no lugar do accidente ferroviario
Quedan 48 pasaxeiros hospitalizados, 6 deles en UCI e un con queimaduras graves
Os mortos confirmados que foron recuperados ata o momento dos restos do choque de trens son 57, segundo a información oficial da Policía Helénica. Hai 56 pasaxeiros declarados desaparecidos oficialmente ata o momento; existe a posibilidade de que alguén estivese no tren e os familiares ou amigos non o soubesen.
Respecto aos hospitalizados, quedan 48 pasaxeiros, 6 deles en UCI e un con queimaduras graves foi trasladado á unha unidade especial de queimados.
Todos os corpos están identificados a través de análises de ADN e continúa o proceso de identificación das vítimas que foron trasladadas ao Hospital Xeral de Larisa.
Para este mediodía estímase que se completará o operativo de investigación no lugar do accidente ferroviario, así o afirmaron no Corpo de Bombeiros.