Publicador de contidos
Publicador de contidos

Grecia dálle ao conservador Mitsotakis outros catro anos de maioría absoluta, conforme as sondaxes

Grecia dálle ao conservador Mitsotakis outros catro anos de maioría absoluta, conforme as sondaxes

O líder de Nova Democracia vence nas lexislativas con máis do 40 % dos votos, indican as sondaxes a pé de urna

G24.gal 25/06/2023 19:05

O primeiro ministro de Grecia durante o últimos catro anos, o conservador Kyriakos Mitsotakis, alcanzou a maioría absoluta nas eleccións celebradas este domingo, segundo as primeiras enquisas a pé de urna.

A conservadora Nova Democracia logrou entre o 40 e o 44 % dos votos, segundo unha enquisa difundida pola televisión pública ERT tras pecharen os colexios electorais.

A porcentaxe mínima para a maioría absoluta é do 38 %, despois de que nestes comicios se introducira unha bonificación de ata 50 escanos, nun parlamento de 300 deputados, para o gañador.

O partido esquerdista opositor Syriza, do exprimeiro ministro Alexis Tsipras, séguelle de lonxe, con entre o 16,1 e o 19,1 %.

Os socialdemócratas de Pasok-Kinal quedaron en terceiro lugar, cun 10 % dos votos, seguidos polo Partido Comunista de Grecia (entre 7,2 e 9,2 %).

Segundo as proxeccións, en quinto lugar quedaría o partido ultradereitista "Espartanos", ao que mostrou o seu apoio hai unhas semanas o exdeputado neonazi Ilías Kasidiaris, actualmente en prisión por dirixir unha banda criminal.

Outros catro partidos loitan por entrar no Parlamento ao superaren a barreira do 3 %, entre eles o esquerdista MERA25 do exministro de Finanzas Yanis Varufakis.

Nas eleccións do 21 de maio, Nova Democracia quedou en primeiro lugar pero non logrou unha maioría absoluta.

Mitsotakis tras unhas negociacións frustradas convocou novas eleccións, sabendo que se celebrarían cunha nova lei electoral que outorga escanos de bonificación ao gañador e podería gobernar en solitario.

O respaldo a Mitsotakis nestas eleccións débese, principalmente, á súa xestión económica, segundo todos os estudos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade