Publicador de contidos
Publicador de contidos

Green Day, J Balvin e Arde Bogotá, os pratos fortes do xoves do Son do Camiño

Green Day, J Balvin e Arde Bogotá, os pratos fortes do xoves do Son do Camiño

O cartel, como cada ano, moi ecléctico e orientado a todos os gustos e a todas as idades

G24.gal 30/05/2024 21:51

Arranca O Son do Camiño para encher o Monte do Gozo de euforia, de música e festa un ano máis. The Interrupters, unha banda estadounidense de ska punk formada en California, foi unha das primeiras actuacións do xoves á tarde.

Fernando Costa puxo a nota de rap con selo español, un artista que non para de medrar, nado en Eivisa e abandeirado do xénero urbano. 

A pegada galega foi para a banda viguesa Maryland, que leva case 15 anos sobre os escenarios, e aínda que se definen coma unha banda de sala, tocar nos festivais abre portas a outros públicos.

O ritmo seguiu con Arde Bogotá, a banda murciana de rock alternativo chegada de Cartaxena, que presume de ser un dos fenómenos musicais más aclamados do momento. 

O cartel do Son do Camiño, como cada ano, moi ecléctico e orientado a todos os gustos e a todas as idades, como explicou Carlos Rodríguez, da Dirección do Son do Camiño, da Promotora Esmerarte.

Pola noite o prato forte será Green Day, na súa primeira cita en España deste The Saviors Tour. Non faltarán os grandes clásicos dunha carreira que comezou a finais dos anos 80, que seguro  que emocionarán os melómanos máis veteranos amantes do punk-rock. 

A recta final será para J Balvin, o artista colombiano de reguetón será o que faga bailar, especialmente aos máis novos. Por diante quedan outras dúas xornadas no epicentro da música en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar