Habilitada unha vía alternativa á estrada que se derrubou no Courel
Habilitada unha vía alternativa á estrada que se derrubou no Courel
É unha solución temporal que evita rodeos e curvas para ir de Quiroga a Folgoso
O treito ten 800 metros e unha velocidade limitada a 40 quilómetros por hora
Son apenas 800 metros, pero resultan fundamentais para ir desde Quiroga a Folgoso do Courel. Esta vía alternativa vai por enriba da estrada que se veu abaixo en marzo moi preto dunha louseira. Desde entón, a única posibilidade de achegarse á capital courelá era a través dunha vía local chea de curvas
Con este tramo alternativo redúcese a distancia para chegar a Folgoso e o tempo, en case dez minutos. Ten a velocidade limitada a 40 quilómetros por hora, e pendentes entre o 15 e 18 por cento.
Unha solución temporal ata que se leve a cabo o proxecto definitivo desta estrada, no que xa se está traballando.