Hai 50 anos que se inventou o primeiro teléfono móbil
Hai 50 anos que se inventou o primeiro teléfono móbil
Con innovacións continuas e cada vez máis usos un dos pais do invento, o enxeñeiro Martin Cooper, cre que o teléfono se vai transformar nunha extensión da persoa
Poucas innovacións tecnolóxicas cambiaron tanto os novos hábitos en tan pouco tempo como o fixo o teléfono móbil. Un invento que fai medio século de vida. As innovacións son continuas e os usos e aplicacións cada vez máis.
Semella que levan aquí toda a vida. Pero foi no 73 cando o enxeñeiro Martin Cooper fixo a primeira chamada de proba a través de telefonía móbil dende a sexta avenida de Nova York. Os primeiros terminais, grandes e pesados, non se comercializaron ata dez anos despois.
Ningunha tecnoloxía recente cambiou os nosos costumes tanto e tan velozmente. Os máis novos medraron con el. Os demais afixémonos. Hoxe son ordenadores de peto a través dos que podemos xestionar case todo. Por iso xa non podemos imaxinar a vida sen eles.
Unha tecnoloxía en continua evolución. Martin Cooper, un dos pais do invento, di que está convencido que aínda estamos só ao comezo de todo. O potencial da conectividade fará posible que o teléfono se transforme nunha extensión da persoa. Predí que no futuro haberá teléfonos implantados no oído. Quen sabe.