Publicador de contidos
Publicador de contidos

A impugnación das eleccións sobrevoa Melilla pola suposta fraude no voto por correo

A impugnación das eleccións sobrevoa Melilla pola suposta fraude no voto por correo

A operación, que polo momento deixa dez detidos, continúa baixo segredo de sumario

G24.gal 25/05/2023 14:39

Non é a primeira vez que se detecta en Melilla unha fraude no voto por correo. Pero nesta ocasión a elevada petición de solicitudes, máis de 11.000, provocou a apertura da investigación xudicial. "É unha barbaridade e hai que reaccionar con toda a contundencia", di o Ministro de Seguridade Social, José Luis Escrivá.

A trama de compra de votos por correo descuberta en Melilla e que salpicou a Coalición por Melilla (CPM) pola implicación dun dos seus conselleiros abriu o debate sobre unha posible impugnación do resultado das eleccións deste domingo que, de prosperar, podería en última instancia carrexar unha repetición electoral tres meses despois da sentenza. 

Dentro da operación hai dez detidos. Entre eles un conselleiro da cidade autónoma que xa foi apartado do seu cargo, e un familiar do presidente de Coalición por Melilla, Mustáfá Aberchán, antigo presidente da cidade autónoma e inhabilitado.

"Todos debemos ser moi respectuosos coa lexislación electoral e temos que ser contundentes con calquera comportamento que non sexa así", asegura a vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribera.

A suposta fraude no voto por correo marca a recta final da campaña electoral. "A corrupción é o gran tema desta campaña. Vimos presuntos roubos de votos", di Irene Montero, ministra de Igualdade.

Conforme á Lei do Réxime Electoral Xeral (LOREG), o resultado das eleccións deste domingo, unha vez proclamado oficialmente, pode ser obxecto dun recurso contencioso electoral por parte dos candidatos, os representantes das candidaturas da circunscrición en cuestión ou os partidos políticos, asociacións, federacións e coalicións que presentasen candidaturas.

Desde o Partido Popular piden confianza no sistema electoral ante feitos que atribúen a persoas sen principios. "Estamos ante feitos moi graves que nos avergoñan como españois", asegura Alberto Núñez Feijóo.

E pídenlle ao PSOE que rompa coa coalición de Goberno en Melilla. "Que rompa xa e que se comprometa a non pactar con esa coalición nunca máis. Nós comprometémonos a non gobernar con eles", insiste o presidente do PP.

A investigación xudicial está baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade