Publicador de contidos
Publicador de contidos

Helicópteros, drons e vixilancia desde o sábado para o dispositivo do Deportivo-Rácing

Helicópteros, drons e vixilancia desde o sábado para o dispositivo do Deportivo-Rácing

A intención é que non se volvan a repetir os incidentes de hai unhas semanas coa visita do Málaga e os seus ultras

G24.gal 25/10/2024 13:19 Última actualización 25/10/2024 13:22

Tras os incidentes rexistrados durante a fin de semana do 5 e 6 de outubro na Coruña, protagonizados por ultras de Málaga e Deportivo, as autoridades decidiron ampliar as medidas de seguridade de fronte ao choque deste domingo entre os coruñeses e o Rácing de Santander, tamén declarado de alto risco.

As principais medidas inclúen un reforzo da presenza policial e o adianto da activación do dispositivo ao día anterior ao encontro, neste caso este sábado ao mediodía, xa que o partido dispútase o domingo ás 16:15 horas.

O operativo da Policía Nacional contará con dous grupos da Unidade de Intervención Policial (UIP), axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR), Equipo de Información e guías caninos, especialistas do TEDAX, Unidade de Subsolo e protección ambiental, aos que se unirán un helicóptero e varios drons con vixilancia desde o aire.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar