Publicador de contidos
Publicador de contidos

Helton Leite, “impresionado” co nivel que se atopou na Liga

Helton Leite, “impresionado” co nivel que se atopou na Liga

Leite: “É unha categoría moi boa. Non a coñecía e non sabía que había tanta calidade"

Foto @RCDeportivo
G24.gal 09/10/2024 13:31 Última actualización 09/10/2024 15:08

Helton Leite, porteiro brasileiro do R. C. Deportivo, asegurou este mércores estar “impresionado” co nivel que se atopou na Liga.

“É unha categoría moi boa. Non a coñecía e non sabía que había tanta calidade. Estou impresionado coa calidade dos equipos e dos xogadores. Todos os rivais teñen dous ou tres futbolistas que teñen calidade para xogar en Primeira”, afirmou en rolda de prensa.

O exgardameta do Antalyaspor turco, un dos reforzos estivais do equipo de Imanol Idiakez, arrincou a tempada como suplente pero a partir da terceira xornada converteuse nunha peza indiscutible para o técnico guipuscoano.

“Os minutos son moi importantes para todos os xogadores, pero para os porteiros máis. Agora teño máis experiencia, podes tomar mellores decisións ou posicionarte mellor. Estou contento con deixar a portería a cero, pero iso é un traballo de todo”, indicou.

Helton restou importancia á situación clasificatoria do Dépor, en postos de descenso a Primeira Federación, porque a competición acaba de empezar e no vestiario pensan en ir “partido a partido”.

“Sabemos como está a clasificación, pero estamos centrados en cada partido para tentar cambiar esta situación. Sabemos que cada partido é moi importante e temos que facer puntos en todos os encontros”, subliñou

O brasileiro tamén remarcou que “o mellor” do Deportivo é que “sempre” tenta xogar ao fútbol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar