Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hernán Pérez lembra o seu pasado no Oviedo antes de recibir os asturianos

Hernán Pérez lembra o seu pasado no Oviedo antes de recibir os asturianos

G24.gal 25/09/2022 09:50

A visita do Oviedo vai facer que Hernán Pérez se reencontre co seu pasado e lembre o que foron os seus soños de infancia.

"Chegar a xogar na Primeira división, pero na Primeira división co Real Oviedo. O equipo da miña cidade, do meu corazón xogaba incluso competición europea, non pensabas noutra cousa, era a túa maior ambición", recoñece o técnico.

Ovetense e oviedista de corazón, o técnico lucense formou parte dunha das mellores xeracións do equipo carbayón.

"Alevín de primeiro ano, moita xente querida, moitos amigos, moitos profesionais. Óscar Pérez, Primeira División; Alberto Saavedra, Primeira División; Luis García, Primeira División, internacional, unha fornada boa", lembra Hernán dos seus compañeiros de equipo.

Hernán non tivo tanta sorte e debeu contentarse con xogar na Segunda B en equipos coma o Caudal e o Universidade de Oviedo, co que chegou marcar un gol decisivo contra o Club Deportivo Ourense.

"Foi un tiro horrible, deu trinta botes antes de chegar, lémbrome era para gañar tres a dous na casa, dedícollo a meu pai. A min faltábame calidade, creo que entendía o xogo, pero faltábame calidade. Si estou orgulloso de que non cheguei porque non valía, non porque non tratase de facer todo; trateino, pero non valía".

De aí que decidira facerse adestrador e dirixir nos seus comezos o seu irmán menor, o internacional Michu. "Iamos xuntos adestrar, eramos xogador e adestrador, pero no coche iamos un irmán maior cun irmán pequeno, comentabamos moitas cousas, pero sempre foi súper respectuoso. Oxalá algún día, xa sei que non vai ser desde o campo, pero el desde a dirección deportiva e eu no banco poidamos volver traballar xuntos".

Os soños de infancia convertéronse agora no banco dos soños de Hernán Pérez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar