Publicador de contidos
Publicador de contidos

Histórico segundo posto de Ester Navarrete no medio maratón en Valencia

Histórico segundo posto de Ester Navarrete no medio maratón en Valencia

A viguesa bate o récord galego de Xulia Vaqueiro

G24.gal 23/10/2023 12:50 Última actualización 23/10/2023 12:57

A viguesa fixou un crono de 1:09:58 que supón o récord galego no medio maratón. Elixiu ben Navarrete onde afrontar unha modalidade que só probara en dúas ocasións anteriores.

O perfil de Valencia é idóneo pola súa orografía, ademais da boa temperatura nesta época do ano. De feito, no Medio Maratón Valencia batéronse onte os dous récords de España.

Carlos Mayo (59:39) rompeu o que ostentaba Fabián Roncero (59:52) desde hai 22 anos; Laura Luengo (1:09:41), o que tiña Trihas Gebre (1:09:51) desde fai 15

O caso é que Navarrete, a segunda española que entrou en liña de meta, non estivo lonxe da estremeña, que é campioa de España. A céltica entrou en meta a só 17 segundos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade