Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hostaleiros da Coruña tiveron que suspender as festas de Noitevella por mor dun apagamento de máis de catro horas

Hostaleiros da Coruña tiveron que suspender as festas de Noitevella por mor dun apagamento de máis de catro horas

Van presentar unha reclamación conxunta

G24.gal 03/01/2023 14:49

Hostaleiros da zona da Mariña, na Coruña, van presentar unha reclamación conxunta contra Naturgy por mor do apagamento que sufriron durante a Noitevella e que os obrigou a suspender as súas festas asumindo perdas que rozan os dez mil euros.

Só nesa avenida foron catro os empresarios que tiveron que pechar os seus negocios. Porén, un, con só as luces de emerxencia e un altofalante, conseguiu que os seus clientes quedasen no local. Tiñan todas as entradas vendidas, cunha ocupación de 130 persoas e só marcharon tres.

Din amais que este apagamento da Noitevella non era o primeiro que sufrían neste Nadal.

Desde Naturgy informáronos de que o apagamento foi por mor dunha avaría no transformador da zona da Mariña e que afectou un total de 1.500 clientes, dos que 600 recuperaron a subministración despois de catro horas e media.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos