Cargando resultados...
Celébrase o día de Neira Vilas, con varios actos de homenaxe no seu Gres natal
Celébrase o día de Neira Vilas, con varios actos de homenaxe no seu Gres natal
Entrégase o Premio Xosé Neira Vilas a Álvaro Domínguez
Reedítanse tres libros de Neira Vilas
Inauguración da expo de Belén Rodríguez das ilustracións orixinais do libro O cabaliño de buxo
A Casa do Romano, Sede da Fundación Neira Vilas (foto extraída de neiravilas.gal)
G24.gal
03/11/2022 11:09
O autor de Memorias dun neno labrego naceu o 3 de novembro de 1928 na Casa do Romano, en Gres (Vila de Cruces) na actual sede da Fundación que leva o nome do escritor. Alí levaranse a cabo unha serie de actos para honrar a memoria do escritor.
Lecturas da súa obra, a inauguración dunha exposición coas ilustracións orixinais de Belén Rodríguez Pazo para a recente reedición do libro O cabaliño de buxo ou a entrega do premio Xosé Neira Vilas a Álvaro Domínguez protagonizarán a tarde en Gres.