Cargando resultados...
Novas batidas para buscar o veciño de Teo desaparecido
A busca irase ampliando a novas zonas segundo avancen os días e con batallóns de voluntarios
Óscar García desapareceu hai doce días no lugar de Cepeda
G24.gal
10/04/2023 09:56
Ás dez e media desta mañá e ás catro e media da tarde realizaranse novas batidas para tratar de localizar o veciño de Teo desaparecido hai doce días no lugar de Cepeda.
A muller de Óscar García Lema explicou nas últimas horas que a busca se irá ampliando a novas zonas segundo avancen os días e con batallóns de voluntarios chegados doutros concellos próximos.