Hugo, o pintor de oito anos que visibiliza a enfermidade de Dent
Hugo, o pintor de oito anos que visibiliza a enfermidade de Dent
Diagnosticáronlle esta enfermidade rara en decembro de 2019, logo chegou a pandemia e na casa decidiron usar a pintura como terapia
A mostra 'MySelfie' está ata o 5 de marzo en Santiago, na sede de Afundación
O pintor pasálles revista aos seus traballos expostos. O pintor é Hugo.
"Hugo é un neno de oito anos que ten unha enfermidade ultrarrara que se chama Dent", conta a súa nai.
"É unha enfermidade que afecta principalmente o ril. Pérdese calcio pola urina. Pode estar acompañada de importantes atrasos no crecemento", explica o doutor Miguel Ángel García, quen lle diagnosticou a enfermidade a Hugo.
Rápido foi aumentando o tamaño dos cadros dun entusiasta Hugo, que sinala o seu favorito desta mostra, favorito por ser o máis grande.
"Cando lle diagnosticaron a enfermidade en decembro de 2019 e chegou a pandemia, isto foi unha terapia na casa", explica a súa nai.
"Vimos que era o mellor momento para empezar un proxecto para lle dar visibilidade á súa enfermidade. Eu propúxenlle a idea de partir de cadros de Bacon porque me parecía un artista que se lle podía dar ben", relata o pai de Hugo.
Hai dez casos diagnosticados en Galicia, e os investigadores din que son máis casos do habitual. No 2021, familias de Lugo, Muros, Pontevedra e Brión, de onde é Hugo, montaron a Asociación Galega da Enfermidade de Dent. O obxectivo, usar a arte para visibilizar esta doenza.
"E recadar fondos para a investigación que se leva a cabo no NefroCHUS, en Santiago de Compostela".
"Amodiño. Isto é coma un Ferrari, se lle botas gasolina podes ir rápido con el. O que pasa é que os cartos detinados á investigación son escasos", di o doutor García,
E preguntámoslle se a enfermidade de Dent chegará a ter cura.
"Como investigador, estou na obriga moral de dicir que imos pola cura", conclúe.
E todos os beneficios destes traballos van para atopar mellores terapias, para seguir atopando mellores terapias.