Hugo Rama: "Tiña a espiña de non ter triunfado aquí"
Hugo Rama: "Tiña a espiña de non ter triunfado aquí"
A estrea foi no Anxo Carro contra o seu exequipo, o Lugo
Debutou no verde a pasada fin de semana, pero non foi ata esta mañá cando Hugo Rama ofreceu as súas primeiras declaracións como xogador do Deportivo.
O centrocampista de Oroso valorou a súa chegada ao Dépor e falou das súas pretensións nesta nova etapa que abre na entidade coruñesa, a que regresa despois de pasar polo Fabril nos seus primeiros anos no fútbol.
"Ao final, creo que xa o dixen en varias ocasións. Tiña a espiña de non ter triunfado aquí. Xa levaba tempo pensando en volver e agora déronse todos os condicionantes. Estou con moitas ganas e encantado de estar aquí. Quero devolver o Dépor a onde merece".
A estrea foi no Anxo Carro contra o seu exequipo
"Deu a casualidade de que foi contra o Lugo. Foi especial, pero volver poñer a camiseta do Dépor facíame moita ilusión".