Publicador de contidos
Publicador de contidos

Huskic segue un ano máis no Leyma

Huskic segue un ano máis no Leyma

O pivote serbio continúa na cidade herculina tras mediar once puntos e case seis rebotes o ano pasado

Quinta renovación para o equipo coruñés, que se estreará esta tempada na ACB

G24.gal 24/07/2024 09:35

O Leyma confía nos piares que o axudaron a ascender o ano pasado. Tras a renovación de Lundqvis, Diagne, Burjanadze e o capitán Álex Hernández, chegoulle a quenda a Goran Huskic. O interior serbio afronta a súa segunda tempada na Coruña, logo de contribuír ao ascenso no anterior ano con once puntos e case seis rebotes de media.

O xogador balcánico non é un novato na elite do baloncesto español. Disputou a Liga ACB con Guipuzkoa Basket, San Pablo Burgos ou Bilbao Basket. Foi en terras burgalesas onde coincidiu con Diego Epifanio, o seu actual adestrador na Coruña.

Huskic comprométese co Leyma ata 2025 e convértese no quinto xogador anunciado pola entidade coruñesa, todos como renovacións. Agárdase que o Básquet Coruña comece a anunciar novos xogadores nos vindeiros días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade