Ian Mackay, un piar básico no que se asenta o Deportivo
Ian Mackay, un piar básico no que se asenta o Deportivo
Hai un piar básico no que se asenta o éxito deste Deportivo: o seu porteiro Ian Mackay. Vive o coruñés o soño de calquera gardameta: é o menos batido dos 82 que compoñen as tres primeiras categorías do fútbol español.
Eses números, once goles recibidos en vinte encontros, sitúano na senda dun histórico a quen el admiraba de neno, o que fora trofeo Zamora en Primeira, Paco Liaño.
Con cada parada Mackay achega o Deportivo ao grande obxectivo da volta a Segunda. De momento, vai sobre rodas.
O Deportivo-Santander vaise xogar o 16 de febreiro. O partido co Real Unión xogarase finalmente o domingo ás 17:00. Dende o Deportivo Rosende apela a un cambio nos protocolos da competición.
🚨 📢 #OSNOSOS | #ANOSAFORZA ⚠️ AVISO MOI IMPORTANTE O #DéporUnión cambia de día e hora: xogarase este domingo 6 ás 17:00 h. https://t.co/6ts6zzQAkF pic.twitter.com/Z6myziTKI2
— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 3, 2022