Cargando resultados...
Iberdrola dispara un 40 % o seu beneficio no primeiro trimestre
Iberdrola dispara un 40 % o seu beneficio no primeiro trimestre
Gañou 1.485 millóns ata marzo, un 40 % máis ca o mesmo período do ano pasado, a pesar do novo imposto que grava as grandes enerxéticas
G24.gal
26/04/2023 15:03
Última actualización 26/04/2023 15:33
O grupo que preside Ignacio Sánchez Galán, gañou 1.485 millóns ata marzo, un 40 % máis ca o mesmo período do ano pasado, a pesar do novo imposto co que Goberno grava as grandes enerxéticas.
Iberdrola non concreta a cifra que lle supón o novo gravame, pero explica que duplicou a taxa impositiva no primeiro trimestre con respecto ao ano anterior.
Sánchez Galán criticou a regulación do sector eléctrico en España e en Europa e defendeu que fan falta máis incentivos.