Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iberdrola instalará 95 aereoxeradores en Inglaterra, no segundo maior parque mariño do mundo

Iberdrola instalará 95 aereoxeradores en Inglaterra, no segundo maior parque mariño do mundo

Asina un contrato co Reino Unido de 1,5 millóns de euros

Os muíños de Siemens Gamesa subministrarán enerxía a 1,3 millóns de fogares británicos

G24.gal 30/03/2023 10:41

O presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, pechou en Downing Street co primeiro ministro británico, Rishi Sunak, o contrato para a construción de 95 aeroxeradores destinados ao parque eólico mariño de East Anglia Three, valorado nuns 1.500 millóns de euros.

O East Anglia Three, fronte á costa de Norwich (leste de Inglaterra), será o segundo maior parque eólico do mundo e durante a súa construción crearanse máis de 2.300 postos de traballo, destacou Iberdrola.

As 95 turbinas de Siemens Gamesa, de 14,7 MW cada unha, terán unha capacidade combinada de 1.400 MW renovables, suficientes para abastecer 1,3 millóns de fogares británicos.

East Anglia Three sumarase aos seis parques eólicos mariños de Iberdrola xa operativos ou en construción. O grupo xa puxo en marcha as instalacións de West of Duddon Sands (195 MW), no mar de Irlanda; Wikinger (350 MW) en augas alemás do mar Báltico; e East Anglia ONE, en Inglaterra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade